Normativa Pilates Boiro Studio (PBS)
Normativa de uso del centro y condiciones de las actividades. Documento en vigor para clientes con plaza y usuarios del estudio.
Duración das clases: PILATES 60 minutos e XIMNASIA HIPOPRESIVA 50 minutos.
O usuario deberá utilizar a roupa adecuada á actividade a realizar; e entrar na clase á hora indicada para evitar interrupcións e molestias os demais usuarios.
Deberase manter en todo momento a hixiene persoal e usar obrigatoriamente toalla e calcetíns.
Deberase tratar con coidado o material, e deberanse seguir as indicacións do monitor na realización dos exercicios.
Uso do teléfono: deberase manterse en silencio durante a permanencia no centro; en caso de necesidade poderase acceder co teléfono móbil fóra da sala informando previamente.
1.- Non asistencia/anulación
Deberase anular na aplicación CAIFIX cun mínimo de 4 horas de antelación para poder recuperar a clase durante o mes en curso.
2.- Recuperación de clases
Cumprindo as condición descritas no parágrafo anterior, serán recuperables un máximo de 2 sesións mensuais.
3.- Excedencia e reserva de praza
En caso de non poder asistir as clases e querer manter a praza, deberase solicitar a excedencia antes do día 20 do mes en curso.
Tempo máximo de excedencia: 2 meses cada ano.
Reserva de praza; 15€ mensuais NON reembolsables a pagar no momento de solicitar a excedencia.
4.- Novos usuarios
Para coñecer o nivel do futuro usuario, é preciso facer clases soltas previas para avaliar e asignar á persoa nun grupo adaptado ás súas características.
5.- Pago mensual
As cotas mensuais serán as correspondente ás actividades elixidas segundo ás tarifas publicadas por PBS.
O pago da mensualidade deberá facerse antes do día 10 de cada mes e non serán reembolsables.
Poderanse recuperar un máximo de 2 clases dentro do mesmo mes cumprindo a normativa detallada nos puntos 1 e 2 da normativa.
Nos casos de non ter abonada a cota correspondente e sen xustificación da ausencia ou da falta de pagamento, procederase a dar de baixa ó usuario e non poderá acceder as actividades nin á instalación.
6.- Festivos e pontes
No calendario publicado no centro estarán marcados os festivos e pontes.
Serán días non recuperables nin reembolsables.
7.- Peche por vacacións
Os días de vacacións non serán cobrados na mensualidade correspondente.
Cobraranse o número de clases realizadas ese mes.
O calendario anual está publicado no centro Pilates Boiro Studio.
8.- Persoas con Traballo a quendas
As persoas que traballen a quedas, deben solicitar esta opción, xa que PBS dispón de un número limitado de prazas para estes casos.
Clases adicionais, soltas e bonos
As clases adicionais son aquelas que poden reservar os clientes con praza, as clases soltas son aquelas que poden reservar os clientes sen praza. Os prezos están publicados nas tarifas de PBS.
As clases soltas e adicionais se reservan a través da APP CAIFIX (Caisport).
Deberase facer o pago do bono ou da clase a realizar con antelación (presencial ou por Bizum).
Para anular unha reserva de clase solta ou adicional, deberase anular cunha antelación de 4 horas ou a clase contará como realizada sendo descontada do bono correspondente.
Os bonos de clases soltas e adicionais teñen un ano natural de vixencia dende a data de expedición e pago do mesmo.
Os bonos e as clases soltas non serán reembolsables.
O bono é transferible: pode ser utilizado polo titular do mesmo ou por outra persoa autorizada polo usuario previa notificación a PBS.
Baixas
Para solicitar a baixa deberase facer por escrito antes do día 20 de cada mes (cumprimentando o formulario correspondente).
Hixiene e seguridade
Non está permitido o acceso á sala de actividades con calzado de rúa. Só se poderá acceder con calcetíns.
Pilates Boiro Studio non se fai responsable da perda por calquera dos usuarios de obxectos e efectos persoais, xa sexan froito de subtraccións ou simples perdas por descoido, atópense ou non depositados nas taquillas ou mobiliario do centro.
Pilates Boiro Studio non se fai responsable de accidentes ou lesións ocasionadas polo mal uso dos aparatos ou pola realización de actividades non supervisadas polo monitor.
Pilates Boiro Studio resérvase o dereito de admisión.
Última actualización: 2026. Para dudas sobre tarifas o reservas, consulta la página de clases y tarifas.
